As sesións de dinamización da Casa da Lectura despídense ata o ano que vén poñendo “un punto doce”

Para despedir o ano 2014 na Casa da Lectura, poremos un punto doce coa degustación dos contos A casiña de Chocolate, O homiño de mazapán e Guess What -Sweetie Time?

Os máis larpeiros e larpeiras da casa que queiran vir relamber os dedos, teñen que estar na Casa da Lectura o mércores 17 de decembro ás 18:00 horas e, se queren devolver ou levar libros en préstamo, deben vir a partir das 17:30 h.

Nestas imaxes recolléronse varios momentos da sesión da semana pasada, cando nos visitou un pintor que nos falou de arte.