Buscamos lectores e lectoras para o VI Dar de Ler

Espazo Lectura está a preparar a sexta edición da actividade Dar de ler coma quen dá de beber, a sesión de lecturas en voz alta que celebramos anualmente con motivo da conmemoración do Día do Libro e que estará enmarcada na Semana do Libro e a Lectura. Este ano o acto terá lugar o venres 26 de abril, entre as 19:30h e as 22:00h, aínda que non é necesario estar presente durante todo o acto, no albergue Nornas Hostel de Gondomar.

Como en ocasións anteriores, gustaríanos reunir arredor de 30 persoas nun espazo público para ler e escoitar, para compartir e recomendar as lecturas que nos gustan e celebrar así o Día do Libro lendo. A idade mínima para participar é de 14 anos.

Que teño que facer se quero participar?

– Escolle un fragmento dun libro, preferiblemente en lingua galega, cuxa lectura non exceda os 3 minutos (é moi importante cinguirse ao tempo).

– Comunícanos que queres participar no correo electrónico espazolectura@espazolectura.org ou chamando ao número 637 923 703.

– Indícanos cal é o libro e autor/autora seleccionado.

– Para organizar máis facilmente o acto, dinos tamén se prefires ler entre as 19:30h e as 20:45h ou entre as 20:45 e as 22:00h. Tentaremos, na medida do posible, aternos a esa elección e evitar en todo caso que haxa cambios durante a celebración do acto con respecto á orde fixada.

Anímate a participar!