Celebramos a chegada da primavera en Contos en Cueiros

O próximo venres 27 de marzo, ás 18:00 h, terá lugar o próximo encontro de Contos en Cueiros, que será na Biblioteca de Gondomar. Leva por título “A primavera” e será unha sesión centrada nas sensacións que nos produce esta estación.
Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:

 – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • o nome do bebé
  • o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2012 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as, cómpre facilitar o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES 25 de MARZO ás 12:00 h do mediodía.

A sesión do mes pasado levou por título “Oso pardo, que ves?” e estivo dedicada ás cores. Para chamar polo oso cantabamos o retrouso: “Oso pardo, que ves? / Unha cousiña, de que cor é?”, e o Oso Pardo nos ía ensinando diferentes cousas de diferentes cores que atopaba en páxinas de contos: un parrulo amarelo, un peixe laranxa, un globo vermello… Cada vez que nomeaba unha cousa dunha cor determinada, pegabamos o mesmo elemento feito en goma espuma nunha tea negra. Deseguido aparecía, detrás dun telón, un paraugas desa mesma cor do cal penduraban obxectos tamén desa cor. Entre todos enumerabamos os obxectos que penduraban do paraugas e despois moviamos cintas e pompóns da mesma cor. Ao final da sesión, os nenos e nenas pintaron libremente con acuarelas e con esponxas. Estas son as imaxes dese día.