Chega o circo ao Contomar

O domingo 22 de decembro o Contomar, en colaboración co Concello de Gondomar, organiza unha sesión especial de Nadal no auditorio Lois Tobío onde se representará o espectáculo Titiricircus, unha homenaxe ao circo da compañía de títeres Tanxarina.
Por iso, na sesión do próximo luns, 16 de decembro, leremos diferentes contos arredor do mundo circense. Ademais, entregarémoslles invitacións para o espectáculo de Tanxarina aos nenos e nenas que teñan máis estrelas do Contomar.

A cita é na biblioteca de Gondomar ás 18:00 horas.

Estas son as imaxes do Contomar do luns pasado.