Continúan as sesións do Contomar

Este luns 10 de outubro, ás seis da tarde, continúan as sesións do Contomar na biblioteca de Gondomar. O contacontos semanal inaugurou a súa décimo segunda tempada o luns pasado xunto con arredor de vinte e cinco nenos e nenas que viñeron coas súas familias ata a biblioteca para escoitar a Marta, que nos contou “O soño do osiño rosa”; a Nieves, que trouxo “A viaxe de mamá”, e a Fátima, que leu “Somos amigos?”.

DSC_0407 (640x427) DSC_0406 (640x427) DSC_0403 (640x427) DSC_0402 (640x427) DSC_0401 (640x427) DSC_0400 (640x427)