Este luns, 20 de marzo, temos nova sesión de contos no Contomar. A biblioteca de Gondomar acollerá a aprtir das 18:00 horas a todos os nenos e nenas, a partir de 3 anos, que queiran pasar unha tarde divertida entre contos.

A semana pasada visitou o Contomar un grupo de profes do Chano Piñeiro de Gondomar. Contáronnos primeiro “Riciños de oso”, “Felipe tiene gripe”, facendo esbirrar aos máis de 40 nenos e nenas que nos acompañaban, e “La avellana”. Despois, da man do señor Gravata Torta, escoitamos máis contos cos que os nenos desfrutaron, riron e se moveron moitísimo. Contos como “O homiño de mazapán”, “Temos un plan”, “Cucu trás trás” (estes dous contounos coa axuda de tres nenas da súa clase), “Un poco perdido” e “Mi mono y yo”, co que despedimos a sesión. Moitas grazas ao magnífico equipo de profes polo seu tempo e dedicación!! Aquí pódense ver as fotos dese día:

https://goo.gl/photos/goKxXzv2ivpxMhuZ7