Contomar, todos os luns na biblioteca de Gondomar

Este luns, 25 de xaneiro, escoitaremos máis contos no Contomar, o contacontos que Espazo Lectura organiza todas as semanas, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Na sesión da semana pasada, 23 nenos e nenas achegáronse ata a biblioteca para desfrutar da lectura de contos. Nela, tres nais, Xiana, Cris e Carmen, leron “A voda dos ratos”, “A Bruxa Discordia” e “ Unha familia normal”, respectivamente, e celebramos os cumprecontos de Edar e Teo. Estas son as fotos dese día.