Contos á lúa, no primeiro Contos en Cueiros de 2019

Este venres 25 de xaneiro, Contos en Cueiros celebra a primeira sesión de 2019. Será unha sesión dedicada á lúa, na que lle contaremos contos e lle cantaremos cancións.

A actividade comeza ás 18:00 horas na Casa da Lectura e precisa inscrición previa.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 15 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  •  o nome do bebé
  • o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2016 ou despois
  •   o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  •   un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  •   en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición, o mércores anterior á sesión.

 

Deseguido pódense ver as fotos da última sesión, na cal as familias tiveron moito que contar:
CONTOS EN CUEIROS, 2018/12/14