Contos con aromas, na Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora deste mércores 12 de decembro contaremos historias con aromas, como «As pescadoras», de Kalandraka, ou «La niña que caminaba entre aromas», de Cuento de Luz.
No obradoiro imos xogar a adiviñar aromas. A actividade comeza ás 18:00 horas na Casa da Lectura e desde as 15:30 aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
Deseguido pódense ver algunhas imaxes da sesión da semana pasada, dedicada ás avoas e avós.

Casa da Lectura, 2018/12/05