Contos e cumprecontos no Contomar

O luns 21 de novembro, ás 18:00 horas, continúan as sesións do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar. A semana pasada, arredor de 25 nenos e nenas quixeron acompañarnos para desfrutar coas historias de “Linda á espreita”, que trouxo Marta para dedicarllo á súa filla Carolina polo seu cumprecontos; “O avó de Zulaimar”, que nos leu Yaiza; “O grúfalo” que nos contou Mar, e “Amelia quere un can” co que Marta quixo premiar os asistentes polo seu boísimo comportamento. O luns que vén volveremos estar no horario e no lugar de sempre con máis contos!
Picando aquí pódense ver as fotos dese día.