“Contos musicados” na Casa da Lectura, en colaboración co Conservatorio Municipal de Gondomar

Hai parella que se aveña mellor que a música e os libros? Poderás comprobalo este mércores na Casa da Lectura porque imos estar encantados de recibir a visita do Conservatorio Municipal de Gondomar.
Os alumnos e alumnas do Conservatorio acompañarán cos seus instrumentos os contos que nos lerán tres dos seus profesores. Un dinosauro, un coello e un elefante chegarán á Casa da Lectura este mércores, a partir das 18:00, e veñen acompañados de guitarras, pianos, clarinetes, saxofóns, violíns e violas! Acaso pensas faltar?

Na sesión da semana pasada reflexionamos sobre os valores da amizade e os perxuizos da discordia a través dos contos “Brancos e negros” e “A bruxa da Discordia”. Logo desfrutamos dunha festa entre amigos e amigas na que bailamos ao ritmo da Bruxa da Discordia. No obradoiro posterior elaboramos a Pomba MariPaz, coa silueta da nosa man, e quedounos unha preciosa e colorida bandada de pombiñas.