Contos nas orellas no Contomar este luns 15

O próximo luns 15 de novembro, ás 18:00horas, sesión especial do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Nesta ocasión contaremos coa actuación de Bea Campos e o seu Contos nas orellas

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala.

Criterios de inscrición

Contamos cunha capacidade limitada a 25 nenas e nenos acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura e dos contadores/as, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 18:00 horas do sábado anterior á sesión a contomarcontacontos@gmail.com e facilitar:

os nomes dos nenos e nenas.
o ano de nacemento: nenos/as de 3 a 9 anos.
o nome da persoa adulta que o vai acompañar.
un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera).
en caso de ser socios/as, o nome do socio/a.
– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza.

Na sesión anterior contamos:
Carabuñas de OQO editora.
Monstros na escuridade de Sushi books.
O Papón de OQO editora.
Os esqueletos divertidos da editorial kalandraka

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes da mesma:

Contomar 8.11.21