Contos no colo para o encontro de Contos en Cueiros

Comeza a tempada 2015-2016 de Contos en Cueiros.
O primeiro encontro terá lugar o venres 27 de novembro, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Nesta ocasión contaremos contos cantados e xogaremos con ladaíñas e recitados da tradición oral infantil.
Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios deinscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com (ou responder este) e facilitar:

  • o nome do bebé
  • o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2012 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES 25 de NOVEMBRO ás 12:00 h do mediodía.