Contos signados na Casa da Lectura

Este mércores, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura, contaremos contos en dúas linguas: en galego e en lingua de signos, de xeito que poidamos achegar os contacontos ás nenas e nenos xordos e achegar a lingua de signos ás nenas e nenos oíntes.
Imos contar as historias de “Gato vermello” e “Pete o Gato”, publicados por Lata de Sal, que nos axudarán a comprender a importancia de aceptarnos tal e como somos, coas nosas virtudes e os nosos defectos, e de afrontar a vida con optimismo, xa que afrontar os problemas con boa cara fai as cousas máis fáciles e divertidas.
A sesión comeza ás 18:00 horas e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.