Contos sobre a educación e a liberdade, na Casa da Lectura

Este mércores 27 de marzo, a sesión de dinamización lectora estrea equipo de contadoras. Eva virá acompañada da súa alumna Fátima. Entre as dúas lerán os contos “O lapis máxico de Malala”, “A escola secreta de Nasreen” e “Salvaxe”. Logo, Fátima escribirá os nosos nomes con caracteres árabes para facer con eles marcapáxinas.
A actividade comeza ás 18:00 h. e desde media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
Deixamos deseguido as imaxes da sesión da semana pasada, dedicada á poesía:

Casa da Lectura 2018-03-20