Convertémonos en pitiños na Casa da Lectura

O mércores 15 de outubro, a partir das 18:00 h, a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión de dinamización lectora na que os nenos e nenas, e as súas nais e pais, poderán converterse en pitiños para vivir a lectura de diferentes historias protagonizadas por estes animais. ArturCocorico ou O polo Pepe serán algunhas das historias que contaremos e cantaremos na sesión.
Estas son as imaxes da sesión da semana pasada, dedicada á lectura e aos libros.