Cores, monstros, emocións, esta semana na Casa da Lectura

Este mércores, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura haberá cores, monstros, emocións… Monstros de cores? Emocións monstruosas? Cores emocionadas?… Si, todo iso e moito máis. Os nenos e nenas que queiran descubrilo teñen que vir á Casa da Lectura a partir das 18:00 horas, 17:30 se queren empregar o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada a lúa foi a protagonista na Casa da Lectura. Cantámoslle cancións á lúa, contamos dous contos sobre a lúa e recitamos poemas de García Teijeiro. Estas son as imaxes.