«Corredora», de María Reimóndez, na próxima sesión do Comando Le

O sábado 25 de novembro, de 20:00h a 00:00h, a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para mozos e mozas de máis de 12 anos. Nesta ocasión a sesión xirará arredor da novela Corredora, de María Reimóndez, publicada por Edicións Xerais, e incluiranse diferentes actividades que nos permitirán reflexionar xuntos sobre a realidade que presenta esta novela que lles propuxemos como lectura aos comandoleiros e comandoleiras. Como é habitual, haberá unha pausa para a cea polo que os rapaces e rapazas que asistan deberán levar algo para compartir.
Na seguinte ligazón pódense ver as imaxes da sesión de outubro na que, coa colaboración dos comandoleiros e comandoleiras que xa participaban en tempadas anteriores, fixemos unha presentación da actividade para os mozos e mozas que se achegaron por primeira vez:

Comando Le, 28/10/2017