A Portada publicado por

Daquela que len, este martes 20 de abril

Daquela que len, este martes 20 de abril

Este 20 de abril xuntámonos de novo as lectoras do Daquelas que len para conversar sobre A contrapelo, un ensaio de Bel Olid (Edicións Embora).

Nel a autora desmonta argumentos en defensa da imposta depilación feminina, fálanos do castigo que acarrexa a nivel social a aquelas que escollen non facelo e tamén da carga política desta decisión.

Sera ás 19.00h, este martes, 20 de abril, no Centro Neural, nunha semana de actividades moi especial polo Día do libro.

Debido ás restricións vixentes, temos que limitar a capacidade. Calquera que queira participar só ten que enviar un correo a daquelasquelen@gmail.com. O martes atenderanse, por rigorosa orde de inscrición, as solicitudes; e terán prioridade as socias e socios que decidan inscribirse.

O uso de máscara é obrigatorio, así como manter tódalas medidas de seguridade.

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com