Daquelas que len, este xoves con Entre Donas

Este xoves, 28 de xaneiro, dedicamos a sesión de Daquelas que len a Entre donas. Esta obra, composta por dez relatos, está escrita por dez autoras galegas coetáneas: Marilar Aleixandre, Marica Campo, Rosalía Fernández Rial, Inma López Silva, Teresa Moure, Emma Pedreira, María Reimóndez, Eli Ríos, Anxos Sumai e Antía Yáñez. Unhas perspectivas e voces moi diversas, pero con fíos que as entretecen: a muller protagonista e unha denuncia contra o patriarcado.

Debido ao aumento das restricións de mobilidade, desta vez a xuntanza será online.
Será ás 20.00h, este xoves, 28 de xaneiro. Calquera que queira participar só ten que enviar un correo a daquelasquelen@gmail.com antes do mércores ás 18:00h, e unhas horas antes da sesión recibiredes o enlace para que vos poidades unir á sesión.