Descubrimos as nosas sombras na Casa da Lectura

O mércores 15 de maio temos unha nova sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura. Nesta ocasión, descubriremos as nosas sombras a partir da lectura dos contos Quen viu as tesoiras? e Filiberto e o xastre das sombras. A cita é o mércores ás 18:30 horas.

Estas imaxes son da sesión do mércores pasado, cando contamos Artur e Clementina.