«Don Quijote», de Flix, no Lecturas Debuxadas de marzo

O martes 17 de marzo, ás 20:00h na biblioteca de Gondomar, celébrase a sesión mensual do Club Lecturas Debuxadas, na que comentaremos Don Quijote, de Flix (Dibbuks).

Na sesión do martes 17 de febreiro, xuntámonos para comentar Catálogo oneroso de beleza gratuita, de Fran Bueno Capeáns. Unha BD moi orixinal na que o autor vai amosando o que ve el de fermoso e bo no mundo e na vida. Grazas, precisamente, á súa orixinal estrutura, falamos da intención e intensidade dun debuxo, de maneiras distintas de facer narrativa debuxada, do optimismo (ou non…) que se consegue que desprenda unha obra…

Na segunda hora visitounos o autor, e con el conversamos un pouco máis sobre o carácter tan personal deste “Catálogo…”, como o foi levando a cabo e algunha curiosidade máis sobre esta obra, gañadora do VIII Premio Castelao de Comic. Estas son as fotos dese día: