A Portada publicado por

“Douche a miña palabra”, novo libro de Fran Alonso

“Douche a miña palabra”, novo libro de Fran Alonso

Xa está nas librarías o novo libro de Fran Alonso: Douche a miña palabra, na colección Sopa de Libros de Edicións Xerais. Un libro que establece un diálogo directo coas lectoras e lectores, sobre todo coa xente máis nova. Cunha linguaxe comprensible e chea de anécdotas, convídanos a reflexionar sobre o oficio de escribir e o poder da lectura, a lingua e as palabras, porque “as linguas levan dentro as emocións das persoas que as falan”.

9788491218999_p0_v1_s550x406

É un libro especial, polo contido xaora. Pero para as persoas que formamos esta familia lectora ten o seu aquel sentimental e afectivo pola súa dedicatoria, que nos emociona; e que sintetiza o traballo e a ilusión dun proxecto compartido dende hai xa máis de doce anos.

Grazas, Fran, pola túa valentía ao iniciar e implicarnos en 2008 nesta aventura, nesta rebelión lectora, como dinamizador do fomento da lectura, polo teu traballo como secretario, polas túas suxestións, recomendacións lectoras, polos teus obradoiros, polas Noites Golfas, polo teu espírito creativo, pola túa dedicación e cariño…

Na fin de tempada celebrada o sábado pasado este foi o título escollido para agasallar a cada nena e neno do Lendo Contigo, como xa se facía cando se celebraba a Noite na Biblioteca para agradecer a implicación e continuidade no club das nenas e nenos e das súas familias. Será con esta obra coa que comezaremos a vindeira tempada que, de seguro, estará chea de palabras e lecturas. Nesta ligazón poderedes ver a entrevista que o equipo do Zig Zag FDS lle realizou a Fran Alonso e no que fala desta publicación.

Novamente, parabéns e grazas!

Facebook Twitter Digg Email

Espazo Lectura

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com