Elvira Riveiro no Comando Le

Este próximo sábado 25 de xaneiro temos unha nova cita do Comando Le na Casa da Lectura a partir das 20:00h. Nesta ocasión os rapaces e rapazas que asistan van participar nun obradoiro de escrita impartido pola poeta Elvira Riveiro baixo o título “De bestas e poetas. A presenza dos animais na poesía”.

Deixamos a continuación as imaxes da sesión de decembro, na que, ademais de organizar as sesións que os comandoleiros e comandoleiras van preparar para os nenos e nenas que asisten ás actividades infantís de Espazo Lectura, desenvolvemos diferentes xogos de lóxica e un xogo de pistas que nos permitiron reflexionar sobre a importancia da lectura en procesos mentais como o razoamento ou a comprensión.
Comando Le 14.12.19