Hoxe, no club de lectura compartida Lendo Contigo, estivo con nós Concha Blanco para falarnos do seu libro Boris. Pero tamén nos falou de moitas outras cousas: de Cee, dos anos bisestos, de Álvaro Cunqueiro, do importante que é a lectura… e da lingua galega, da necesidade de que a sigamos falando para que continúe a ser un instrumento de comunicación entre as persoas.

Antes, Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, e Rosana Estévez, coordinadora da actividade, repartíronlles aos nenos e nenas que participan no club unha especie de diario de lecturas: un caderno para que rexistren as sesións do Lendo Contigo ás que asisten así como todo aquilo que queiran anotar antes, durante e despois da lectura e do encontro cos autores e autoras.
Ademais, os nenos, nenas, nais e pais que participaron na sesión especial Lecturas para a paz recibiron un agasallo de Espazo Lectura como agradecemento á súa colaboración.