Espazo Lectura participa no acto do Día das Letras Galegas organizado polo IEM

Chega una nova conmemoración do Día das Letras, este ano cunha merecida homenaxe a Xosé María Díaz Castro, figura de referencia da poesía galega do século XX. Dende o IEM lémbrase o escritor no marco do espectáculo poético-musical Adiante! con Díaz Castro que se celebra celebrarse o vindeiro domingo 18 de maio no Auditorio Municipal de Gondomar “Lois Tobío” a partir das 19:30.

Este ano entrarán a escena o dúo integrado por Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro que ofrecerán un concerto titulado “Un paso (sempre) adiante”, con poemas musicados. Pechará o espectáculo un recital de poemas de Nimbos a cargo de persoas relacionadas co mundo da cultura e con Gondomar, no cal participará Luis Domínguez en representación de Espazo Lectura.. Presenta e conduce a escritora Marta Dacosta.

Entrada gratuíta ata completar cabida.