Espazo Lectura regálache esta maleta

Por que?

Porque neste ano tan difícil queremos agradecer o apoio de toda a xente que forma a familia de Espazo Lectura e non se nos ocorre mellor maneira de facelo que con libros.

Por iso, nesta maleta hai unha novidade de cada unha das editoriais socio-protectoras que teñen estado aí ao longo destes case doce anos xa da Asociación. É a nosa maneira de darlles as grazas.

E por suposto é tamén algo que queremos facer extensivo a todas as persoas amigas de Espazo Lectura, as que contribúen como socias a facer posible as actividades, as que participan nelas, e todas as autoras e autores que nos teñen visitado, compañías de teatro e xente da cultura en galego. De verdade, non temos palabras: moitas grazas!

Seguiremos adiante no fomento da lectura en galego porque a cultura é un lugar seguro, unha viaxe sen fronteiras, un xeito de ser libres. Ah, e as persoas que aínda non sodes socias, a que esperades?

Consulta aquí as bases do sorteo

MALETA