Este mércores, na Casa da Lectura, tentaremos chegar á lúa

Na sesión deste mércores 20 de xaneiro na Casa da Lectura tentaremos chegar á lúa. Haberá música, poemas e dous contos, A que sabe a lúa? e Papá, por favor, achégame a lúa. A sesión dará comezo ás 18:00h, aínda que a Casa da Lectura estará aberta xa desde as 17:30h para atender o servizo de préstamo.
Coa sesión do mércores pasado  comezamos o novo ano con 23 nen@s escoitando atentamente un par de contos moi lagucheiros. “O carameliño sen cor e sen sabor” e “Gústame o chocolate”. Evidentemente puxéronsenos os dentes ben afiados e a mais dun lle caía a baba.
Chegado o momento do obradoiro, a contadora Cris ditounos unha receita de trufas. Para os que non puidestes asistir aí vos vai.
Ingredientes:
325grs chocolate para postres
250grs nata líquida
25grs brandy
Preparación:
Poñemos a nata nun cazo a quentar. Cando está a piques de ferver botamos o chocolate en anaquiños e remexemos. Botamos o brandy e remexemos. Metemos no conxelador 24h. Ao día seguinte dámoslle forma e rebozamos a gusto do consumidor (cacao en po, virutas de chocolate…).
Nota importante:
Se os consumidores son nen@s esquecemos o brandy pero entón non se mete no conxelador senón na neveira.
Outra nota importante:
Coa manipulación do chocolate veñen as manchas na roupa pero que non cunda o pánico que tamén temos receita. Fregar con auga fría e sen xabón.
Estas son as fotos dese día.