Este venres 2 de xuño, sesión de peche de tempada de Contos en Cueiros

Este venres, 2 de xuño, Espazo Lectura celebra a sesión de Contos en Cueiros cancelada a semana pasada a causa do mal tempo. Será na Casa da Lectura de Donas, ás 18:00 horas.

As persoas xa inscritas a semana pasada teñen reservada a praza, pero co cambio de data aínda queda algunha praza libre. Se hai persoas interesadas en anotarse este venres poden facelo mandando un correo a contosencueiros@gmail.com. En caso de vir con nenos e nenas que cumpriron ou van cumprir tres anos este ano, prégase que se indique, xa que imos facerlles unha despedida especial.