#euquedonacasa co… Contomar!

O Contomar tamén queda na casa, pero os nosos contadores e contadoras achéganse a vós virtualmente para celebrar a sesión. Nesta ocasión Mirian cóntanos A noite das mudanzas da editorial OQO, Marta escolle Amelia quere un can da editorial Kalandraka e Ángel le un poema do libro pAlAbrAs brAncAs de Elvira Riveiro da editorial Xerais.
Agardamos que vos guste!