#euquedonacasa con… Aira Editorial.

Aira Editorial ofrécenos a versión dixital de Carriandola. As abraiantes aventuras de Mariña, un cómic pensado para todos os públicos. Esta obra de Aloysius e Simón Blanco narra as aventuras dunha heroína moi especial, a nena Mariña. O cómic publícase dentro do programa #OTeuXacobeo, da Xunta de Galicia, co gallo do Ano Xacobeo 2021 e quere servir tamén para dar a coñecer mellor a Vía da Prata-Camiño Mozárabe, unha ruta cara a Compostela que atravesa desde o leste a provincia de Ourense. Carriandola desenvólvese no tramo da ruta que percorre a comarca de Allariz-Maceda.
Podedes acceder a toda a información e ao PDF da banda deseñada na web de Aira Editorial e poderedes atopalo nas vosas librarías cando remate a corentena.
Esperamos que o desfrutedes!