Eva Mejuto visita o Comando Le para falar de «22 segundos»

O sábado 16 de decembro, Eva Mejuto vai estar na Casa da Lectura para falar cos comandoleiros e comandoleiras sobre a súa novela 22 segundos, publicada por Edicións Xerais. Como é habitual, a sesión desenvolverase entre as 20:00h e as 00:00h e haberá unha pausa para a cea, polo que os rapaces e rapazas que asistan deberán levar algo para compartir. Con esta proposta péchanse as actividades do ano 2017 do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura dirixido a mozos e mozas de máis de 12 anos. As sesións retomaranse o último sábado de xaneiro de 2018.
Na seguinte ligazón pódense ver as imaxes da sesión de novembro na que falamos sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, e vimos e comentamos o documental Town of runners: https://flic.kr/s/aHsm8V2yvr