Feira do Libro de Vigo

Dende o 23 de maio e ata o 1 de xuño estase a desenvolver na Praza de Compostela de Vigo a Feira do Libro 2014.

Este é o programa completo:

Día 23 de maio. Venres.

12.30 Inauguración. Pregón a cargo do escritor Pedro Feijóo.

18.00 Actividade de animación á lectura. Contacontos: O mercader, por Uxía, da Compañía Trécola Teatro.

18.30 Xavier Vence e Xan Carballa asinarán na caseta da Libraría Andel

19.00 Presentación do libro Penúltimas tendencias, do escritor Carlos Negro, publicado por Edicións Xerais de Galicia. O autor estará acompañado no acto por Manuel Bragado, director xeral da editorial

19.00 Firma de exemplares do cómic A Banda de Moebius cos alumnos do Garaxe Hermético na caseta da libraría Banda Deseñada.

19.30 Sinatura dos xornalistas deportivos Rafa Valero e Víctor López na caseta de Librouro.

20.00 O escritor Agustín Fernández Paz presentará o seu libro A viaxe de Gagarin, publicado por Edicións Xerais de Galicia, acompañado no acto por Manuel Bragado.

Día 24 de maio. Sábado.

12.00 De Tin Marin. Contacontos realizado por Soledd Felloza. Actividade promovida pola Biblioteca Juan Compañel, de Vigo.

13.00 O soño de Ester. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz. Actividade promovida por Novagalicia Edicións.

18.00 Actividade infantil: Contos para a paz, por As Garabullo

18.30 Sinatura da escritora Isabel Blanco ? Rivas na caseta de Librouro.

19.00 Actuación do grupo de Baile e Gaitas Corisco

21.00 Presentación do libro Sangue 12, de Cris Pavón, publicado por Urco Editora.

Día 25 de maio. Domingo.

12.00 Obradoiro de produción musical realizado por Mou

12.00 Firma de Kiko Dasilva na caseta da libraría Banda Deseñada.

19.00 Actuación do grupo de Baile e Gaitas Os ventos de Comesaña

19.30 Sinatura da escritora Teresa Zataraín na caseta de Librouro.

20.00 Presentación do libro Espelho de mim mesma, da escritora Cruz Martínez, con limiar de Moncho Iglesias Míguez e ilustracións de Luís Viñas, publicado por Círculo Ediçoes.

Día 26 de maio. Luns.

12.00 Visita a feira do alumnado de 5 anos do CEIP García Barbón, actividade realizada dentro do Programa de visitas escolars que realiza a Biblioteca Juan Compañel, de Vigo.

19.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil. Toc Toc, de Pablo Díaz, publicado por Editorial Galaxia.

19.00 Presentación do libro Recinto gris, da escritora Ledicia Costas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. A autora do libro estará acompañada no acto por Marcos Calveiro e Helena Pérez.

19.30 Sinatura de Luis Dávila na caseta da Libraría Andel.

19.30 Sinatura de Elena Gallego Abad na caseta da Libraría Pedreira.

20.00 Presentación do libro E logo, temos razóns para ser nacionalistas? de Henrique del Bosque Zapata, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Carmen Adán, Braulio Amaro e Manuel Bragado.

Día 27 de maio. Martes.

12.00 Visita a feira do alumnado de 5 anos do CEIP García Barbón, actividade realizada dentro do Programa de visitas escolares que realiza a Biblioteca Juan Compañel, de Vigo.

19.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil. O meu marabilloso sombreiro, de Aikiko Ishihara, publicado por Edicións do Cumio.

19.00 A escritora An Alfaya presenta o seu libro O fío vermello, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto coa autora, participarán no acto Helena Pérez e Antonio García Teijeiro.

19.30 O escritor Pedro Feijoo asinará na caseta de Libraría Pedreira.

20.00 O escritor e xornalista Pemón Bouzas, presenta o seu libro A voz do vento, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Estará acompañado na presentación por Manuel Bragado.

Dío 28 de maio. Mércores.

18.00 A maxia na feira do libro. Gravidade cero. Divertida actuación para todos os públicos do Mago Toño

19.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil. Tambo, de Víctor A. Castro, publicado por Edicións do Cumio.

19.00 Editorial Galaxia presenta: 50 Anos de Grial.

20.00 Presentación do libro Pedro Petouto, de Xesús Alonso Montero, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Acompañarán ao autor do libro Modesto Hermida, Antón Costa Rico e o director xeral da editorial, Manuel Bragado.

Día 29 de maio. Xoves.

18.30 Obradoiro de artesanía con froitas e verduras, para todos os públicos realizado por Carmen Freire

19.00 O escritor Borja Caamaño asina na caseta de Nobel Gran Vía.

19.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil. Pitusa semifusa, de Olga Brañas, publicado por Editorial Galaxia.

19.00 Sinatura de Ledicia Costas na caseta da Libraría Andel.

20.00 Inma López Silva presenta o seu libro Maternosofia, publicado por Editorial Galaxia. Xunto coa autora, participará no acto Mª Xosé Queizán e Carlos Lema.

Día 30 de maio. Venres.

18.00 Obradoiro de gominolas para público infantil realizado por Carmen Freire

18.15 Sinatura de Miguel Ángel Alonso Diz na caseta da Libraría Andel

19.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil. Estamos no verán, de Xoán Curiel, publicado por Editorial Galaxia.

19.00 Sinatura de Andrés Meixide na caseta da libraría Banda Deseñada.

19.00 Sinatura do humorista gráfico Luís Dávila na caseta de Librouro

19.00 Mesa redonda sobre Xosé María Díaz Castro. Intervirán no acto Armando Requeixo, Luís González Tosar e Víctor Freixanes.

20.00 Presentación do libro O derradeiro libro de Enma Olsen, da escritora Berta Dávila. Xunto coa autora, participarán no acto Xosé Monteagudo e Carlos Lema.

Día 31 de maio. Sábado.

12.00 A cama máxica. Contacontos realizado por Cucarandainas. Actividade promovida pola Biblioteca Juan Compañel, de Vigo.

12.00 Sinatura de Eli Ríos na caseta da Libraría Andel

13.00 O escritor e xornalista José de Cora, asinará exemplares do seu libro La navaja inglesa

13.30 Sinatura de Miguel Ángel Alonso Diz na Caseta da Libraría Andel.

18.00 Encontro coas crianzas, no que Iván Sende, ilustrador e María Reimóndez autora de Volvo! O regreso de Usha, publicado por Edicións Xerais de Galicia, contarán como se escribiu e ilustrou o libro.

18.30 Sinatura do fotógrafo Ricardo Grobas na caseta de Librouro

19.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil. Xiqui Xoque, de Uxía e varios autores, publicado por Editorial Galaxia.

19.00 Sinatura de María Reimóndez na caseta da Libraría Andel.

19.00 O escritor Fernando Méndez presenta o seu libro Cuatro esquinitas tiene mi cama, publicado pola editorial Suma de Letras.

20.00 O escritor vigués Alexander Weinberg fará a presentación do seu libro La conjura, publicado por Alentia Editorial. Ao remate do acto asinará exemplares do seu libro e posteriormente, na caseta da libraría Nobel Gran Vía.

Día 1 de xuño. Domingo.

12.00 Obradoiro de Rap dirixido por García Mc.

12.00 Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil. Actuación do grupo Mamá Cabra.

18.00 Animación á lectura. Érase unha vez un zapato. Divertido contacontos realizado por Fátima Fernández.

18.00 O escritor Alexander Weinberg asinará na caseta da Libraría Nobel Gran Vía.

19.00 Lemos, cantamos gozamos. Festival de música e literatura infantil. Brinca vai! de Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka.

20.00 Pechamos a feira con humor. César de Fina e outros naufraxios. Monólogo humorístico a cargo de Lois Pérez