Feliz 2017, cheo de curiosidade

Dende Espazo Lectura queremos transmir o mellor para o 2017. Esperamos que sexa un ano cheo de lecturas e ocasións para seguir compartindo. Desexamos así mesmo agradecerlles aos socios e socias o apoio e colaboración co noso proxecto e a súa práctica diaria.

As actividades de Espazo Lectura volverán o 9 de xaneiro coa primeira sesión do novo ano do Contomar. Ata entón, boas festas e felices lecturas.