«From Hell», de Alan Moore e Eddie Campbell, no Lecturas Debuxadas de maio

O martes 21 de maio reúnese o Club Lecturas Debuxadas para falar do cómic «From Hell», de Alan Moore e Eddie Campbell. From Hell está considerada unha das grandes obras do guionista Alan Moore e do debuxante Eddie Campbell, que tardaron 10 en anos en realizar. A historia é unha recreación do mito de Jack o Destripador, ao mesmo tempo que unha disección da sociedade do Londres de finais do século XIX, contado a través do policía que investiga os asasinatos.
A sesión terá lugar a partir das 20:00 horas, na Casa da Lectura.
A continuación pódense ver algunhas imaxes da anterior sesión, dedicada á lectura de «Fóra de mapa», de Emilio Fonseca, que nos acompañou.

Cub Lecturas Debuxadas 23/04/2019