Gatos e ratos, na Casa da Lectura

Na sesión de dinamización lectora deste mércores, 2 de decembro, na Casa da Lectura leremos contos de gatos e ratos, como O rato Grisaldo e O gato lambón. A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes anténdese o servizo de préstamo.
O mércores pasado impregnámonoscunha máxica chuvia de palabras a partir do conto “A fábrica das palabras”. Logo de ler o conto, decoramos con area un bote de crital para poder gardar as nosas palabras: as preferidas, as que máis necesitamos…, ou as que gardamos para momentos especiais. Estas son as imaxes dese día.