“Glub, glub”, teatro para bebés no Auditorio Lois Tobío

En abril non haberá sesión propia de Contos en Cueiros porque, con motivo da celebración do Día do Libro, a compañía Caramuxo Teatro representará en Gondomar a obra para bebés de 6 meses a 3 anos “Glub, Glub”, en colaboración co Concello de Gondomar e Agadic.

A representación será o domingo 26 de abril. A entrada terá un prezo de 2,50 euros e haberá dous pases: un ás 18:00 e outro ás 19:30 horas. O aforo será de 80 persoas en cada pase.

glub

 

Na sesión de Contos en Cueiros do mes de marzo celebramos a chegada da primavera. Convertimos a biblioteca nun xardín e contamos contos de bichiños do xardín e de paxaros. Os bebés cheiraron plantas aromáticas e flores, escoitaron chíos de paxaros e xogaron a facer cóxegas con bolboretas e con plumas. Despois chegou a hora de ir xogar á pelota ao parque. Pero non había unha única pelota, senón centos. Pasámolo moi ben. Unha vez máis, a biblioteca se convertese nun lugar cheo se sensacións. Estas son as imaxes.