Helena Villar Janeiro no Lendo Contigo

Este sábado 28 de marzo, o club de lectura compartida Lendo Contigo recibe a visita de Helena Villar Janeiro, que virá falarnos da lectura proposta para este mes: As señoras cousas. A cita é ás 12:00 h na Biblioteca de Gondomar e están convidados todos os nenos e nenas a partir de 7 anos e as súas familias.

Na sesión de febreiro contamos coa visita de Ledicia Costas e de Escarlatina, a cociñeira defunta. Degustamos as receitas de Román e fixemos unha achega ao receitario dos mediomortos: Sopa desatascadora enriquecida con miñocas vivas, ollos birollos, cerebros reducidos e dentadura de vella. Deseguido pódense ver algunhas imaxes dese día.