Imos cazar un oso no Contomar

No Contomar do luns 19 de xaneiro Imos cazar un oso. Ademais, tamén leremos Unha feliz catástrofe e Maxia. Será na biblioteca de Gondomar ás 18:00 horas.

Deseguido ofrecemos as fotos do primeiro Contomar do novo ano. Nel, tivemos o noso recanto ateigado de nenas e nenos con gana de escoitar moitos contos e celebramos o cumprecontos de Katia. Os libros que limos foron: O embigo de Xanecas, Orellas de bolboreta, Os catro amigos e A eiruga larpeira.