Imos de conto en conto, no próximo Contos en Cueiros

O próximo venres 30 de xaneiro, ás 18:00 h, terá lugar o próximo encontro de Contos en Cueiros, que será na Biblioteca de Gondomar. Leva por título “De conto en conto” e será unha viaxe na procura de diferentes historias.

Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 adulto. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • o nome do bebé
  • o ano denacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2012 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as, cómpre facilitar o nome do socio/a

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza. Ese correo enviarase o día en que remata o prazo de inscrición: MÉRCORES 28 de XANEIRO ás 12:00 h do mediodía.

contos_en_cueiros_2015_01_30_b