«Infortunios cotidianos», de Coral, para celebrar o 10º aniversario do Club Lecturas Debuxadas

O próximo martes, 11 de decembro, Coral, autora e lectora asidua ao club Lecturas Debuxadas, acudirá nesta ocasión á sesión para falar da súa recente publicación, “Infortunios Cotidianos”, onde conta a existencia de pequenos trasgos que nos fan a vida un pouco máis accidentada.

Ademais, celébranse os dez anos do club, feito que aproveitaremos para botar unha ollada a toda a banda deseñada que xa lemos.

A sesión será na Casa da Lectura a partir das 20:00h.

Deseguido pódense ver as fotos da sesión do mes novembro.

SETE VIDAS E LECTURAS DEBUXADAS, 2018/11/14