Literatura africana no Sete Vidas: as tradutoras de dúas novelas de Achebe participan na sesión de novembro

Con motivo da recente publicación en galego de dúas obras do escritor nixeriano Chinua Achebe (Un home do pobo, da editorial Hugin e Munin, e Todo se esfarela, de Rinoceronte), no club de lectura Sete Vidas decidimos idear unha sesión diferente para o mes de novembro. Nesta ocasión recomendamos a lectura de calquera destes dous títulos e convidamos as tradutoras Begoña R. Outeiro e Saleta Fernández a que nos acompañen. Sen dúbida será unha interesante charla sobre a literatura africana, sobre a obra dun dos clásicos da literatura nixeriana e sobre o proceso de tradución.

A cita será o martes 5 de novembro ás 20:00 h na Biblioteca de Gondomar.

Maquetación 1 un-home-do-pobo-portada-e1356976720503

Deseguido pódense ver as imaxes da sesión coa que arrancamos a tempada: o vermú literario con polbo á feira que compartimos con Dolores Redondo para falar de O gardián invisible.