Lobos feroces na Casa da Lectura

Este mércores, 24 de febreiro, a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura estará dedicada aos contos clásicos. Leremos contos clásicos como Os tres porquiños, Carapuchiña vermella ou Os sete cabritos, e transformarémonos en lobos feroces. A cita é ás 18:00 horas e media hora antes anténdese o servizo de préstamo.
A semana pasada un grupo de comandoleiros e comandoleiras encargáronse de contar contos na Casa da Lectura. Noa, Lucía, Inés, Manuel e Martina compartiron cos nenos e nenas algúns dos poemas do libro Animal fun! Versos e animaliños en galego e inglés, de Pepe Sendón e Fausto (El Patito Editorial). Tamén contaron Non fai falta a voz, de Armando Quintero e Marco Somá (OQO), e A noite das mudanzas, de Pep Bruno e Lucie Mullerová (OQO), e cantaron Dona Carme, de Manuel Bragado e Pepe Carreiro (Ir Indo). Estas son as imaxes dese día: