Luisa Martínez Lorenzo tráenos seres sorprendentes á Casa da Lectura

Este mércores vai visitarnos Luisa Martínez Lorenzo, responsable da Unidade de Cultura Científica (UCC) do Consello Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Galicia. Virá facer unha sesión co seu libro «PUF! VAIA PEIDO. Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes», publicado por Galaxia, que está cheo de nomes populares, trampulleiros e divertidos dos seres vivos da nosa contorna. Xogaremos ás adiviñas e coñeceremos seres moi sorprendentes.

Deseguido pódense ver as imaxes da sesión da semana pasada, dedicada ás familias:
Casa da Lectura 2018-04_03