Máis contos no Contomar

Este luns, 24 de outubro, ás 18:00 horas, a Biblioteca de Gondomar acolle unha nova sesión do Contomar.

Na sesión da semana pasada visitáronnos 32 nenos e nenas acompañados das súas familias. Comezou o contacontos con Xiana, lendo “A escaleira” para o cumprecontos do seu fillo Antón, a quen lle agasallamos un marcapáxinas do Contomar, ao igual que a Noelia, que tamén estivera de aniversario. Despois Marta contounos “Imos a cazar un oso” e levounos a unha divertida excursión sen movernos da biblioteca. Para finalizar, Luís leunos “ O día que a mamá se lle puxo cara de teteira”. Picando aquí pódense ver as as fotos dese día.