Máis contos no sofá vermello do Contomar

O luns 16 de xaneiro haberá máis contos no sofá vermello do Contomar. A sesión de contacontos comeza ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar e todas as familias están convidadas a sentar no sofá e lerlles un conto aos nenos e nenas a partir de 3 anos que che acheguen á biblioteca.

O pasado luns 9 de xaneiro, arredor de vinte nenos e nenas viñeron escoitar os contos da primeira sesión do Contomar de 2017. Nesta sesión, foron as coordinadoras voluntarias de Espazo Lectura as encargadas de ler, e despois de que Mar presentase a sesión, Fátima contounos “Mariluz avestruz”. En segundo lugar, Marta contou “Chocolata” e, para rematar, Mar leunos “Croco”, e a tarde finalizou cun grande aplauso para os oíntes polo ben que se portan na biblioteca. Aquí pódense ver as fotos dese día: https://goo.gl/photos/Unt8Q573zjmJfmky6