Mestres e mestras do CEIP Carlos Casares veñen contar ao Contomar

O próximo luns, 10 de febreiro, o Contomar recibe a visita dun grupo de mestres e mestras do CEIP Carlos Casares de Nigrán que nos contarán contos sobre a igualdade, como Artur e Clementina ou Rosa caramelo. Será ás 18:00 horas na Biblioteca de Gondomar.

Este é a primeira visita do ano de mestres e mestras de centros de ensino socios-protectores de Espazo Lectura que, dende hai varias tempadas, veñen colaborando xenerosamente co Contomar. Dende Espazo Lectura ficamos agradecidos.

O Contomar do luns pasado foi moi especial, nel estreouse como contadora, acompañando á súa nai, Alma: unha moza que viu nacer o Contomar hai xa 8 anos. Grazas, Alma!