Miguelanxo Prado, autor convidado no Lecturas Debuxadas de outubro

O club de cómic Lecturas Debuxadas inicia a tempada por todo o alto, o martes 15 de outubro Miguelanxo Prado estará na biblioteca de Gondomar para falar cos seus lectores e lectoras.

No mes de xuño despediamos o curso lendo un dos clásicos da banda deseñada galega, Trazo de xiz, e este mes inaugurámolo coa última novela gráfica de Miguelanxo Prado, que está destinada a converterse noutro clásico: Ardalén.

Logo de tres anos dedicado a Ardalén, Miguelanxo Prado ofrécenos a súa obra máis extensa e ambiciosa ata a data. Un relato fascinante sobre os recordos e a memoria, con personaxes inesquecibles e a maestría dun dos mellores autores de cómic do noso país.

A cita é o martes 15, ás 20:00 horas, na biblioteca de Gondomar.