Monstros na Casa da Lectura

Este mércores 14 de xaneiro volven as sesións de dinamización á Casa da Lectura cunha proposta que xirará arredor dos monstros. Como son os monstros? Que formas teñen? Como se comportan? Onde viven? Tentaremos responder a estas preguntas botándolle unha ollada a uns cantos contos e achegarémonos ás historias de dous deles, Gato Guille e os monstros e A visita dos domingos.
A sesión comezará ás 18:00h, pero a Casa da Lectura estará aberta xa desde as 17:30h para atender o servizo de préstamo.