Na Casa da Lectura preguntámonos qué che gustaría ser

Na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura do mércores 25 faremos voar a nosa imaxinación a través do conto Que che gustaría ser? (Kalandraka) e coñeceremos a historia dun neno co Nariz de ouro (OQO) ao que lle gustaría ser… como é!

Na sesión de dinamización do 11 de febreiro acompañáronnos 22 nenos e nenas cos seus pais e nais. Lemos Bajo las estrellas, un libro onde as cousas non son o que parecen, Nicomedes, o pelado e A máscara do león. Con eles celebramos o entroido. No obradoiro repartimos antifaces e os nenos e nenas decoráronos con gomets. Logo, cada un colleu a máscara que máis lle gustou e, coa técnica do puntillismo, cada un impregnou o seu estilo. Estas son as imaxes.